Recomendacións lectoras

Calquera membro da comunidade educativa pode compartir aquí as súas recomendacións lectoras. Anímate!

Identifícate e clica en "Engadir entrada"

Descarga a versión imprimible en PDF.



        
 
Título:
Autor/a:
Descrición:
Portada:
Ficción ou de consulta?:
Marcas:
Nombre del autor:
Apellido del autor:

Andrés cabeza abaixo de PABLO ALBO

É un Libro de Ficción para Primeiros lectores (predomina a ilustración)

  

+ 3 anos

 E, como se temía, Andrés acabou na barriga do lobo feroz, que estaba dentro da barriga do león famento, que estaba dentro da barriga do oso salvaxe, que estaba dentro da barriga do dragón terrible, que estaba dentro da barriga do ogro.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:54 PM




Marcopola. A Illa Remeira de Jacobo Fernández Serrano

É un Libro de Ficción para Primeiros lectores (predomina a ilustración)

  

+ 5 anos

 MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:55 PM




Plan de rescate de Antía Yáñez

É un Libro de Ficción para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+ 9 años

176 páxinas

 Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:56 PM




Cando soa a buguina de X. H. Rivadulla Corcón

É un Libro de Ficción para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+ 9 anos

124 páxinas

 Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa familia. O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela. Pero unha tarde o pai de Carme non volve. O seu barco perdeuse no mar.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:57 PM




A señorita Bubble. Baixo cero de Ledicia Costas

É un Libro de Ficción para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+ 9 anos

124 páxinas

 Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada. Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:58 PM




A señorita Bubble de Ledicia Costas

É un Libro de Ficción para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+9 anos

160 páxinas

 A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 10:59 PM




Lúa en ningures de Beatriz Maceda

É un Libro de Ficción para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+9 anos

124 páginas

 As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 11:00 PM




Nena e o mar de Érica Esmoris

É un Libro de Ficción para Lectores expertos (predomina o texto)

  

+ 9 anos

192 páxinas

 Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai. Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 11:01 PM




Las estaciones desde el gran árbol de Patricia Hegarty

É un Libro de Consulta para Primeiros lectores (predomina a ilustración)

  

+ 3 años

 En este álbum, un gran árbol central acapara la atención. Un árbol troquelado que permite ver el búho que vive en su tronco y el resto de animalitos que disfrutan del cobijo de sus ramas. Un árbol lleno de hojas de colores que nos guía por las estaciones del año y, de una manera sencilla y muy visual, muestra los cambios de color de la naturaleza y la causa y el efecto sobre la vida que hay a su alrededor.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 11:02 PM




Guía de ciudades de Georgia Cherry

É un Libro de Consulta para Lectores autónomos (a ilustración deixa paso ao texto)

  

+ 5 años

 Guía de ciudades es un precioso álbum ilustrado por Martin Haake que nos lleva de viaje por 30 maravillosos lugares del mundo y que además de a leer, nos invita a jugar buscando cosas, animales, comidas que se han escondido en las páginas. Las ilustraciones enseguida llaman la atención de los niños, y es muy posible que al tener el libro entre las manos se despierte el espíritu aventurero de cualquiera. Se trata de una maravillosa guía de viaje adaptada al público infantil a la que no le falta detalle. Recomendaciones para ver, para hacer e incluso para comer. Además, conocerás a personajes importantes de cada lugar, sus costumbres e incluso las banderas de los países a los que pertenecen. Una divertida forma de aprender distintas culturas.


Recomendación feita por Picture of Ana Rodríguez Martínez Ana Rodríguez Martínez o Tuesday, 1 December 2020, 11:03 PM